domingo, 18 de diciembre de 2016

Concienciación Medioambiental

Charlas de Concienciación Medioambiental a cargo de Greenpeace (grupo local de voluntarios/as de Santiago de Compostela)

Os voluntarios e voluntarias de Greenpeace, Iago, Irene, Carmela, Sara e Alex, trataron temas de gran interese e actualidade ao longo das seguintes charlas:

- Charla sobre Consumo Sostible; dirixida ao alumnado do Ciclo Superior e Medio de Cociña.
- Charla sobre Contaminación; dirixida ao alumnado de 1ºESO, 3ºESO e Formación Profesional Básica.
- Charla sobre Transxénicos; dirixida ao alumnado de 4º ESO.
- Charla sobre a Crise da perda de Biodiversidade (a chamada Sexta Extinción en masa); dirixida aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato.


Dende a biblioteca e o departamento de Ciencias Naturais que organizou estas charlas quérese agradecer o bo comportamento e a boa disposición do alumnado durante actividade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario