domingo, 18 de diciembre de 2016

Concienciación Medioambiental

Charlas de Concienciación Medioambiental a cargo de Greenpeace (grupo local de voluntarios/as de Santiago de Compostela)

Os voluntarios e voluntarias de Greenpeace, Iago, Irene, Carmela, Sara e Alex, trataron temas de gran interese e actualidade ao longo das seguintes charlas:

- Charla sobre Consumo Sostible; dirixida ao alumnado do Ciclo Superior e Medio de Cociña.
- Charla sobre Contaminación; dirixida ao alumnado de 1ºESO, 3ºESO e Formación Profesional Básica.
- Charla sobre Transxénicos; dirixida ao alumnado de 4º ESO.
- Charla sobre a Crise da perda de Biodiversidade (a chamada Sexta Extinción en masa); dirixida aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato.


Dende a biblioteca e o departamento de Ciencias Naturais que organizou estas charlas quérese agradecer o bo comportamento e a boa disposición do alumnado durante actividade.





viernes, 16 de diciembre de 2016

lunes, 5 de diciembre de 2016

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

     Como colofón ao Mes da Ciencia en Galego presentámosvos un estupendo vídeo que fixeron os alumnos de 1º de ESO. Ademais de felicitalos a todos  e á súa profesora, hai que facer unha mención especial a Andrea García, a editora.

      O mércores nos dous recreos fixemos a presentación oficial na biblioteca.

domingo, 4 de diciembre de 2016