lunes, 29 de octubre de 2012

¡¡AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DOS RELATOS UNHA SEMANA MÁIS!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

BASES CONCURSO "UN RELATO DE MORTE"





Co gallo da celebración do Día Internacional da Biblioteca e aproveitando que estamos en época de cemiterios, mortos e demais seres da escuridade, o grupo de biblioteca do IES Fraga do Eume convoca un concurso para animar ao alumnado do noso centro a escribir unha historia de intriga.
 


BASES DE PARTICIPACIÓN

1.      Poderanse presentar ao concurso todos os alumnos/as do IES Fraga do Eume.

2.      Os participantes deberán escribir unha historia e explicar nela as circunstancias nas que se produciu o asasinato do que aínda hai pegadas no corredor da planta baixa do instituto.

3.       A historia pode facer referencia a quen era a vítima, quen o seu presunto asasino, a hora á que tiveron lugar os feitos, os móbiles do críme e todo aquilo que consideredes que axude a crear un ambiente de terror e misterio na vosa historia.

4.      O texto poderá ser contado dende calquera punto de vista: dende o da vítima, o asasino, unha testemuña, un axente da policía que estea investigando, etc.

5.      Os textos poderán estar escritos en lingua galega, castelá, inglesa e francesa.

6.       A extensión será entre un mínimo dun folio e un máximo de dous escritos por unha cara.

7.     Os textos deberán ser inéditos e orixinais. Aqueles textos que sexan recoñecidos como plaxios serán descualificados.

8.     Os textos poderán ser entregados na biblioteca durante os recreos aos profesores responsables da mesma e pola tarde, a calquera dos membros do equipo directivo.

9.      O prazo de entrega será ata o martes 30 de Outubro de 2012.

10. O xurado estará composto por un prestixioso equipo de “entendidos en literatura” elexidos entre o profesorado e demais persoas que traballan no centro.

11.  O gañador do concurso recibirá como premio un libro e co seu texto farase unha gravación en vídeo.

12.  Para calquera dúbida podes dirixirte aos profesores responsables da biblioteca ou ao vicedirector.

13.  Podes consultar estas bases no blog da biblioteca do noso centro: bibliofragadoeume.blogspot.com

¡Estamos de celebración na biblioteca!





24 DE OUTUBRO
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA